twitter
rss

Como vedes empezamos pronto a festexar cumpleanos. Este curso o primeiro é o de AINHARA  aque lle desexamos todos moitos PARABÉNS.




Posted by Picasa
Posted by Picasa

Ola, xa estamos aqui de novo moi contentos e moi dispostos a traballar e mostrarvos a todos e todas os nosos traballos na escola.
Este curso temos un novo compañeiro AHMED e demoslle a benvida como se merece: cantando a nosa canción do saúdo , presentándonos, ensinándolle a nosa clase, explicándolle as nosas normas,....
Tamén temos unha novidade!!! Puxémoslle un nome a nosa clase. Sabedes cal é? Un moi bonito e apropiado para nós: "A CLASE DAS ESTRELAS". e COMO TAL IMOSVOS A SAUDAR:









Ola amiguiñ@s. Xa temos que volver a empezar, remataron as vacacións.
Empezaremos o luns dia 12 de setembro as 10 da mañá e remataremos as 14:00h. Xa poderán ir o comedor os nenos e nenas que fagan uso deste servicio. Pola tarde as 16:00 horas teremos unha reunión cos papás na nosa aula. Que este ano será a de 4 anos porque xa somos un ano mais maiores.



Lembrade que con este blogue pretendemos achegarvos un pouco máis a nosa vida na aula: experiencias, traballos, visitas... Esperamos que vos guste e sobre todo esperamos os vosos comentarios, porque tede claro que só eles manterán vivo este espazo. Benvid@s ao noso recuncho!!!