twitter
rss

Para conmemorar o Dia das Letras Galegas veu ao colexio Anxo Moure,un contacontos que nos trouxo o seu mundo de fantasía . Con el gozamos da forma tan especial que ten para contarnos e facernos vivir os contos, que coma sempre falan do coidado e do respecto ás arbores, ás nosas fragas, á natureza…


… Pero quen é Anxo Moure. El mesmo se define como:
 «Ola, o meu nome é Anxo, son atrapador de contos e ciclobibliotecario, isto quere dicir que atrapo os contos que escapan dos bosques por mor dos incendios e demáis agresión medioambientais e gárdollos nunha bicicleta cun carriño dianteiro para que as nenas e nenos os escoiten, os coiden e sobre todo os devolvan ao bosque a través de pequenas accións que protexan as árbores e os ríos nos que habitan. 
 Para coñecer un pouco os seus proxectos e as súas incribles historias, aquí vos deixo o enlace a súa páxina web. Merece a pena!!!! 

 http://www.contosolidarios.org/contosolidarios.htm

0 comentarios:

Publicar un comentario