Estamos a traballar na clase o conto "Unha eiruga moi larpeira". Con ela traballamos os dias da semana, a necesidade de alimentarnos, e as fases de desarrollo dunha bolboreta.
Como xa logo veñen as vacacións de Semana Santa e a volta xa non vamos a traballar mais coa nosa eiruga aqui vos deixo uns xogos deste conto tan instructivo.
Para poder entrar pulsade AQUI.
Esta eiruga non vos parece que é un verme da seda?. Siiiiiii. Pois aqui vos queda un video sobre a vida destes vermes.
O día 2 de Abril celébrase o Dia do Libro Infantil. No cole as mestras que levan a Biblioteca tiveron a xenial idea de se podia celebrar dunha maneira especial. Como? Pois vindo papás, mamás ou avós e avoas a contarnos contos á biblioteca. E asi o fixeron.
No grupo que nos tocou a nós viñeron ..... a ver si os conocedes:
Estivemos ensimismados, gustáronnos moito os contos e gustarianos que se volvera a repetir esto.
Grazas os papás, mamás e avos que participaron e nos adicaron o seu tempo para facernos pasar un momento moi, moi agradable.
Si queredes volver a escoitar os contos pulsade en Enlaces BIBLIO COLE e ali estarán.
Despois de ver, escoitar e incluso bailar o son de Vivaldi, preparamos moitas cousas para decorar a aula nesta estación. Quedounos un mural moi chulo. A que si!!!
Tamen aprendemos cales son as partes dunha flor:
Quixemos facerlle un agasallo a papá no seu día. Aqui tedes o que resultou. PARABÉNS a todos os PAPÁS.
Para xogar con este conto pulsa AQUI
O ENTROIDO XA CHEGOU... que contentos estamos, vamos a disfrazarnos de PIRATAS.
Pero antes temos que saber moitas cousas sobre eles. Para iso fixemos este proxecto:
O día 24 de febreiro tivemos con nós a IAGO o Contacontos, que nos contou unha historia sobre unha nena chamada ALBA, na cal participamos nós tamén.
O 25 de xaneiro fomos de excursión a VEGADEO. Fomos visitar o "Centro de Formación do Consumidor". Fomos facer unha actividade sobre a NOSA ROUPA.
Aprendimos a través dun conto que nos iba contando Montse como tiñamos que facer coa roupa: doblala, lavala, planchala, vestirnos adecuadamente según a estación do ano;....
E tamén de que estaba feita a roupa: algodón, lá, seda, isto foi o que máis nos sorprendeu.