twitter
rss



         O Día da Árbore celébrase a nivel mundial o 21 de marzo e dia da Auga o 22.
         A Deputación de Lugo programou unhas actividades para eses dias e mandou a todos os colexios que quixeron participar, o noso por suposto que si, uns libros de contos para repartir entre os alumnos titulados “Viaxe polos ríos e árbores dos Ancares”, elaborado en papel reciclado, que recolle relatos breves relacionados coa xeografía e a natureza da zona. O libro conta a historia de Pituca, unha pita de monte que viaxa polas terras dos Ancares e vai atopando autores que lle contan pequenos contos relacionados coa xeografía e a natureza da zona. Estes microrrelatos son obra dos escritores Paco Martín, Helena Villar Janeiro, Marica Campo, Agustín Fernández Paz, María Reimóndez, Santiago Jaureguizar, Carmen Blanco, Xabier P. Docampo e Carlos G. Reigosa. 

         Logo de leer os contos na clase, pasamos a plantar as árbores. Este ano a Deputación somentes mandou un BIDUEIRO, que como é loxico non chega. Entón deixamosllo os nenos maiores e nos prantamos uns CARBALLOS.

De ónde os sacamos???? Acordádesvos do semillero de landras que fixeramos ao empezar o outono? Pois xa botaron raíces e asi cada un poderá levar para a súa casa un carballo, a árbore emblemática de Galicia.
    
      

           

dia auga - diapositivas



          Plantadeo nunha finca da vosa casa e, cando sexades maiores e o carballo estea xa grande, acordarédesvos sempre que o plantastes na escola cando tiñades cinco aniños.

HOXE MARIÑA TROUXONOS A CLASE UNHAS GALLETAS RIQUISIMAS QUE FIXO COA A SÚA AVOA ONTE. DELICIOSAS!!!! TAMEN NOS TROUXO A RECEITA PARA FACELAS NO COLE SI ALGUN DIA PODEMOS. MOITAS GRAZAS AS DÚAS.


 COMO VEDES ACORDÁMONOS DE TODOS OS PAPÁS NO SEU DIA.
GUSTOUVOS O REGALO???
PENSAMOS QUE PODIAMOS RELACIONAR ESTE DIA CUN DETALLE DA SIMBOLOXIA QUE UTILIZABAN OS NOSOS CASTREXOS.
ESTE ANO TOCOUVOS UN MARCAPÁXINAS, QUE MELLOR REGALO DESDE UN COLE NO QUE ESTAMOS A FOMENTAR O GUSTO POLA LECTURA.
LEVOUNOS O SEU TEMPO FACELO. OBSERVADE AS FASES DE ELABORACIÓN:



TEMOS MUI CLARO, QUE A ÉPOCA MAIS LONGA DA HISTORIA DA HUMANIDADE É A PREHISTORIA. SABEMOS COMO FOI EVOLUCIONANDO O HOME O LONGO DESTES ANOS.
 AGORA, QUE XA INVESTIGAMOS QUE OS CASTREXOS NON VIVIRON NESA ÉPOCA TEMOS QUE BUSCARLLE O SEU SITIO.
COMO O FIXEMOS? POIS MOI FACIL. 
PRIMEIRO FALAMOS DAS ÉPOCAS TODAS DA HISTORIA.:

  •  PREHISTORIA
  •   IDADE ANTIGA 
  • IDADE MEDIA
  •  IDADE MODERNA 
  •  IDADE CONTEMPORANEA (ONDE ESTAMOS ACTUALMENTE)
 E OBSERVAMOS MOI DESPACIO COMO SE DIVIDIAN ESTES PERIODOS.

COMO REPRESENTALOS AGORA?
 NUNHA LIÑA DO TEMPO PARA DARLLE CONTINUIDADE.

QUE UTILIZAMOS PARA ELABORALA?
  • FOLIOS DE CORES
  • METROS DE CARPINTEIRO (PARA MEDIR POR CENTIMETROS) .                               AQUI APRENDIMOS QUE TODOS TIÑAMOS QUE UTILIZAR O MESMO SISTEMA DE MEDICIÓN PARA QUE NOS SAIRA A TODOS IGUAL
  • TESOIRAS, PEGAMENTO, CELO E  LAPIS     
   MIRADE COMO TRABALLAMOS 

                                                                                                                               







LIÑA TEMPO - presentacion imagenes

AVERIGUAMOS QUE SE SITUAN NA IDADE ANTIGA, CASE O FINAL,
 800 ANOS a.C e 200 ANOS d. C.


TEMOS MUI CLARO O QUE QUEREMOS SABER DOS CASTREXOS, POLO TANTO EMPEZA A FASE DE TRABALLO:
OBSERVAMOS, DISCUTIMOS E .... DEDUCIMOS.


PARA FACER UN POUCO MAIS DOADO ESTES PASOS EMPEZAMOS POR RECORDAR UN POUCO TODO O QUE XA LEVAMOS FALADO NESTES DIAS NESTE VIDEO, COMO FASE DE RECORDO.


DESPOIS DESTO DECIDIMOS EMPEZAR POR A SEGUINTE PREGUNTA:

CANDO VIVIRON?


O luns, unha vez seleccionado todo o material aportado para o noso PROXECTO, sentámonos en ASAMBLEA para decidir o QUE QUEREMOS INVESTIGAR? sobre, os xa, nosos amigos 
OS CASTREXOS.
Esto foi o que resultou: 
XAVI V: Cando viviron?
LUCAS: Donde vivian? Como eran as suas casas?
SOFIA M: Donde construian as suas vivendas?
GABRIEL: Como pintaban as casas?
AHMED: Como eran os teitos das casas?
SOFIA R.: Como facian as camas?
AINHARA: como cociñaban?
IAGO: Por que solo comian unha vez o dia?
ANTIA P.: De que vivian? Tiñan gado e eran agricultores
XABI V.: Eran cazadores
LUCAS: Tamen eran pescadores
XABI R.:  Tamén eran guerreiros
NURIA:  Si, como facian as armas?
AHMED: Como facian as ferramentas os ferreiros?
ANTIA P.: que facian co lume?
 XABI R.: Como facian a cerámica?
SOFIA M:  Como facian e como eran as xoias?
IAGO: Como facian os muiños para moer as sementes?
ANTIA C.: Como falaban? Que idioma?
AINHARA: E falarian en galego, digo eu, si eran os nosos anterpasados. Ou tiñan outro idioma?
ANTIA C.: Como se vestian?
XABI R.: Facian música. Como a facian?
SOFIA M.: Que festas facian e porque?
SOFIA R: En que creian? Nas fadas, nos elfos
LUCAS: Lucharon con los romanos
IAGO: Que facian cos mortos? Cando se extinguiron?

COMO VEDES XA TEMOS MOITAS CURIOSIDADES E MOIIIITISIIIMO QUE TRABALLAR. 
ASI QUE MANS A OBRA.

 


DERRADEIRAS APORTACIÓNS PARA PODER EMPEZAR A NOSA INVESTIGACIÓN.