twitter
rss




EMPEZAMOS OS PROXECTOS

OLA FAMILIAS: QUEREMOS EMPEZAR XA A FACER PROXECTOS DE INVESTIGACIÓN ESTE CURSO.

ACHÉGAMONOS A UNHAS DATAS MOI ESPECIAIS, O NADAL.
 ESTAS DATAS PARA OS NENOS SON ILUSIÓN, FESTA, REGALOS, …
COÑECEN A CERTOS PERSOEIROS LIGADOS A ESTAS DATAS COMA PAPÁ NOEL OU OS REIS MAGOS, PERO AO QUE É GALEGO NON, E TEÑEN CURIOSIDADE POR SABER QUEN É.
ESTE PERSOEIRO É  “O APALPADOR”




ASI QUE, COMA XA SABEDES PARA A REALIZACIÓN DUN PROXECTO DE INVESTIGACIÓN, NECESITAMOS DA VOSA AXUDA E COLABORACIÓN. MANDÁDENOS TODO TIPO DE MATERIAL QUE NOS POIDA APORTAR ALGO PARA A NOSA INVESTIGACIÓN (CONTOS, HISTORIAS, DVD, VIDEOS FOTOGRAFIAS,  REFRÁNS, CANCIÓNS, MATERIALES DO APALPADOR, …) E NÓS IREMOS CONTANDO COMO IMOS TRABALLANDO E DESCUBRINDO COUSA SOBRE O APALPADOR.

AS PROFES DE 3 ANOS AGRADÉCENVOS A VOSA COLABORACIÓN



 


    
                                                          

Estos dias contamos nas clases o conto 

"PEQUENO AZUL E PEQUENO AMARELO"
con el traballamos a mezcla de cores. Alucinamos ao ver que mezclando a cor AZUL e a AMARELA sa e a cor VERDE

ALUCINANTE!!!!


CHEGAMOS AO COLE CON MOITA ENERXIA, E O PRIMEIRO QUE FACEMOS Ë .....



Onte, 25 de novembro, foi o Dia Internacional contra a Violencia de Xénero. E no cole traballámolo dunha forma moi especial.

Lemos o conto “NIN UN BIQUIÑO A FORZA”, pintamos un lazo morado  e sobre todo démonos nmoitos moooitoooos bicos, de todo tipo.
Podedes lelo aqui:




Co outono tamén chega o Samaín, tempo de cabazas, de castañas, de tradicións, pero tamén de medo, mooooito medo!
Ao longo desa semana os nenos foron traendo cabazas monstruosas, simpáticas, larpeiras, heroicas...e de todo tipo, coas que se fixo unha pequena exposición na entrada do cole.
 Escoitamos cancións moi coñecidas sobre o Samaín e as que máis lles gustaba bailar foron "o Samaín" de mamácabra e "a canción dos esqueletos":



http://youtu.be/Z2QAk4sGzuM
 http://youtu.be/dNkHANzHe5E

                                                    

  Pero na aula tamén apareceu a CASA DO MEDO! Parece que foi cousa de bruxas...JA, JA, JA.
Nela habitaban as personaxes máis terroríficas que vos poidades imaxinar, vampiros, pantasmas, bruxas, esqueletos, arañas, morcegos, gatos negros...Cada vez que nos visitaba un deles traíanos un agasallo moi especial: un conto.






















Algunhas das historias que nos trouxo o Samaín e que máis lles gustaron podedes escoitalas nos seguintes enlaces:

http://youtu.be/RQlCqVZ6QDU

http://youtu.be/M08c1s93e2g
Pero a que nos mandaban repetir sempre era "corre, corre, cabaciña" . Aquí vos deixamos o conto e a canción, que lles encanta:


http://youtu.be/HrXlgpmhjnk http://youtu.be/3Im2AZDcKvc

A NOSA PRIMEIRA VISITA A BIBLIOTECA


No día das Bibliotecas Escolares, as encargadas da biblioteca, Paz e Noelia coa colaboración do profe Juan e un papá, Gonzalo, prepararon unha pequena representación de títeres titulada “OS MÚSICOS DE FOZ”.
Estivemos moooi atentos e gustounos moitoooo!!! Démoslle un aplauso grandísimo polo ben que fixeron este traballo.







CHEGA O OUTONO!!!

Hoxe co vento chegou ás nosas clases unha muller voando co seu paraugas aberto.
Presentouse como “A SEÑORA DO OUTONO”.  Trae unha saia cheiña de petos e en cada un cousas que hai nesta estación do ano: follas secas, cogumelos, cabazas, castañas, noces, ….
Quedou na nosa clase e revisámoslle os petos. Tamen comemos as noces e castañas que traía, jiji, somos uns lambóns!!




Tamen fixemos máis cousas, mirade:






Xa fomos de excursión!!!!! Fomos ao Parque do Campo da Cabana a coller follas para facer esto:










PERIODO DE ADAPTACIÓN


Durante o mes de setembro tivemos un periodo de adaptación no que os nenos e nenas familiarizáronse coa aula, co material e xoguetes que hai nas clases,cos mestres, e sobre todo cos compañeiros.
Para algúns nenos non resultou nada fácil, pero hoxe xa temos todas as barreiras superadas e estamos encantados no cole.

Nestes dias traballamos as rutinas, coñecemos os nosos compañeiros, xogamos nos diferentes rincóns, pintamos, e sobre todo comemos a media mañá o noso tentempie, era o que millor faciamos nestos dias. 






BENVIDOS AO COLE!

Por fin estamos aquí!!! Tedes que disculpar  esta tardanza en poñernos en contacto con vós, pero por fin CHEGAMOS.

O noso blog vai  ser informativo e o màis importante ,divertido! xa que os alumnos/as de 3 anos de educación infantil, van  mostrar como traballan no cole.
Imos  amosar  actividades que realizamos tanto dentro como fóra da aula, brindaremos información variada para pais e nais, así como: artículos, vídeos, grabacións, etc....dos distintos proxectos educativos.

Esperamos que vos gusten os nosos contidos, non olvidedes facervos seguidores e deixar os  vosos comentarios.
As mestras e mestres queremos dar a benvida ás novas nenas e nenos que viñeron este curso ao cole.  Somos 32 nenos e nenas que empezamos este ano! Estamos repartidos en dúas aula e aquí estamos: