twitter
rss

Acordádesvos cando cantábamos aquela canción ...

"Hoxe o cole rematou, rematou.....
....pero mañá volveremos
a xogar, a cantar, a estudar..."


Pero mañá non volveremos, tardaremos un pouco mais, pois temos merecidas estas vacacións.
Imonos un pouco tristes porque nos deixan DIEGO e CLAUDIA. Desexamoslle moita sorte e que sexan moi felices.

BIQUIÑOS PARA TODOS







&

Tivemos teatro a cargo do grupo teatral do Pilar, e despois....
QUE SORPRESA!!!! a profe tiñanos preparada unha festiña na clase. Comemos moito e tamén bebemos- Mirade, mirade:

Estamos chegando o final, e temos que festexalo. Menuda festa nos tiña preparada hoxe a ANPA. Primeiro a actuación dun  MAGO



E por último a MOLLARNOS e disfrutar na CHOIVA DE ESPUMA!!!!!!

Chegou o verán e con el as vacacións. Ven o bo tempo, poderemos ir a praia, os días son moi longos, as árbores dannos as súas froitas,... Estamos mais relaxados. Escoitade e mirade:





Bueno e tamén tedes aqui dous bloques de actividades  relacionadas co verán:
para xogar no 1º pulsa AQUI

para a 2º AQUI







Para que podades xogar nas vacacións aqui vos quedan estas actividades LIM. Con elas vades a recordarvos das letras e dos nomes dos animais. Para poder xogar pulsa AQUI


Incrible os libros e contos que xuntamos dos animais da granxa. Pasamos horas e horas mirando e leendo estos libros preciosos. Entre todos soubemos moitisimas cousas....
 Aqui vos quedan as últimas fotos dos materiais que utilizamos para traballar. Pero que digo traballar!!! Isto é xogar e divertirse.
Moitas grazas a todos e todas pola vosa colaboración. Sin vós, papás e mamás, non sería posible levar a cabo esta labor de maneira tan doada.  



Como podedes ver nestas fotos fomos a xogar e aprender mais cousas sobre os animais da granxa a PIZARRA DIXITAL INTERACTIVA (PDI)




Este conto gústanos moitiiiiisiiimooooooo.
Como sei que nos gusta tanto aqui vos vai o conto de OQO. Mirade e escoitade con atención






Ademais do conto contado temos o conto cantado. Que ben.

 

Escoitaos aqui, trabállamolo na clase e pasámolo moi ben:

Como fomos de excursión a unha granxa apeteceunos na nosa clase aprender moitas cousas sobre os animais que ali vimos.
Estes últimos dias deste curso imos a adicarllos, entonces, os animais da granxa e podemos empezar a xogar con esta presentación:



Tamén escoitamos estas cancións tan bonitas: