twitter
rss

Os nenos e nenas de educación infantil queremos saber cousas do mar, asi que decidimos facer un proxecto de investigación sobre O MAR. O primeiro que fixemos foi ir a praia de A RAPADOIRA, para observar de cerca o mar e o seu entorno



O chegar decidimos en asamblea o que queriamos aprender sobre o mar. E saiu o seguinte:
- Quen vive no mar e as súas caracteristicas
- Cal é o animal mais grande? Cal o mais pequeno?
- A vida dos tiburóns e dos polbos
- Por que os percebes e os mexilóns están pegados as rochas?
- Por que a auga do mar é salada?
- Por que suben e baixan as mareas?
- E, Por que flotan os barcos?

Para investigar sobre esto tivemos que pedir os nosos papás que nos axudaran. Mirade o que trouxemos para a nosa clase:



Con todo esto puxemonos enseguida a investigar, con libros, DVDS, internet, material da clase,...
E logo para recordar fixemos varias fichas:



E entre todos fixemos este mural tan bonito que podedes vir a visitalo:

Este ano, como todos xa sabedes adícaselle a UXÍO NOVONEYRA, poeta de "O COUREL" e gran defensor da nosa lingua.
Os nenos e nenas de Infantil aprendemos moito sobre este autor, xa que fixemos un mural sobre a súa vida e a súa obra.

Soubemos que nacera nunha aldea de O Courel, unha zoa moi montañosa da provincia de Lugo.
Que estudou bachiller en Lugo, á universidade foi a Madrid: Logo voltou para Lugo e por fin foi vivir coa súa familia a Santiago de Compostela, cidade onde morreu.

Traballamos tamén a súa obra e descubrimos que era un gran poeta. Toda a súa obra poética xira entorno a súa querida terra "O Courel", fálamos das súas paisaxes, das súas xentes e dos animais que alí habitan. O libro de poemas mais destacado é "OS EIDOS"

Pero o máis importante para nós foi que escribiu tres contos para nós, os nenos:Titúlanse asi:

  • GORGORÍN E CABEZÓN

  • O CUBIL DO XABARÍN

  • ILDA, O CORZO, O LOBO E O XABARÍN. Este traballamolo moito en TIC si pulsades neste enlace poderedes ver o que fixemos na clase:

http://centros.edu.xunta.es/ceipfrian/files/lim/letrasgalegasinf/letras_galegashtml

O dia 23 de Abril celebramos no cole o "Día do Libro"

Fomos a Biblioteca donde Mari Paz e Noelia nos contaron o conto "O GALO PINTO


Estivemos moi atentos, xa que nos gustan moito os persoaxes que elas nos preparan para esnenificar os contos. Mirade os do "Galo Pinto que bonitos....




E despois para rematar fixemos unha ficha onde decoramos nos a cola do Galo Pinto





Despois deso fomos o "Salon de Actos" onde nos apareceu un Contacontos que nos contou e cantou contos e con quen o pasamos xenial como podedes apreciar neste video






Na clase Da Illa decoramos o noso mural asi






Queredes saber como fixemos esas flores da árbore?




Pois dunha maneira que nos divertimos moito. Con témpera laranxa, un cepillo de dentes, alkil e café.







1º Pintamos a flor de laranxa co cepillo de dentes




















Despois botamos ALKIL ..... ..... para pegar os graos de café



E ESTE FOI O RESULTADO!!!!!
















































































































































































































































































































































































































































































































































Hoxe fai un dia de sol explendido e decidimos sair da clase para ver que bonitas estaban as árbores e as plantas. Pois xa chegou a primavera!!! 
As arbores empezan a sairlle as follas. Nos vímolas nesta árbore xusto a saida da clase.  
Algúns arbustos como a CAMELIA xa teñen flor
Outros arbustos non dan flores pero estan cheiños de follas moi bonitas
E as flores están preciosas estas que están no noso patio so AZALEAS

Chegou a PRIMAVERA e os nen@s de 5 anos recibímola facendo unha plantación de flores nuns invernadoiros pórtatiles.


Causóunos gran sorpresa ver estes recipientes tan pequenos e máis ainda ver "as pastillas" que traian dentro

A profe explicounos que eran pastillas de turba que medraban o botarlle auga. Imos comprobalo!!

 Noa, botoulles auga e mirade o resultado
É alucinante!!! Fixádevos na diferencia: A primeira e unha pastilla sen auga e a segunda é como medrou en menos de 3 minutos á que lle botamos a auga.

Agora toca meter as sementes. Temos moitas, pero cada un somentes pode prantar dúas.
 
Son sementes dunhas flores que se chaman Caléndulas, parecen vermes!!!

Facemos un furadiño en cada "pastilla inchada" metemos as dúas sementes e apretamos. Isto ímolo facendo un por un.
E cando rematamos todos, como sabemos que as plantas para medrar ademais de terra e auga necesitan o calor do sol puxémolas enriba dunha estanteria da clase preto da ventá
PERO ISTO NON REMATA AQUI!!! Dende que pasen uns días xa veredes que caléndulas máis chulas imos a ter.




No Nadal pasámolo de rechupete, veu a visitarnnos PAPA NOEL e troúxonos un regalo a cada un. Logo imitamolo e vestimonos todos coma el para na función cantar a panxoliña "Buscando papá Noel a árbore de Nadal"





















Este ano todos fomos moi guapos disfrazados os de Infantil fomos de "MEIGALLO INFANTIL"


Mirade que guapos:




Ola a todos e todas. Somos os nenos de 5 anos de Infantil e dende hoxe ímosvos a contar algunhas das nosas experiencias e traballos na clase