Chegou a PRIMAVERA e os nen@s de 5 anos recibímola facendo unha plantación de flores nuns invernadoiros pórtatiles.
Causóunos gran sorpresa ver estes recipientes tan pequenos e máis ainda ver "as pastillas" que traian dentro
A profe explicounos que eran pastillas de turba que medraban o botarlle auga. Imos comprobalo!!
É alucinante!!! Fixádevos na diferencia: A primeira e unha pastilla sen auga e a segunda é como medrou en menos de 3 minutos á que lle botamos a auga.
Agora toca meter as sementes. Temos moitas, pero cada un somentes pode prantar dúas.
Son sementes dunhas flores que se chaman Caléndulas, parecen vermes!!!
E cando rematamos todos, como sabemos que as plantas para medrar ademais de terra e auga necesitan o calor do sol puxémolas enriba dunha estanteria da clase preto da ventá
PERO ISTO NON REMATA AQUI!!! Dende que pasen uns días xa veredes que caléndulas máis chulas imos a ter.
12 de abril de 2010, 8:19
Vaia caras de concentración!!!! A ver si non saen toxos...