twitter
rss

Chegou a PRIMAVERA e os nen@s de 5 anos recibímola facendo unha plantación de flores nuns invernadoiros pórtatiles.


Causóunos gran sorpresa ver estes recipientes tan pequenos e máis ainda ver "as pastillas" que traian dentro

A profe explicounos que eran pastillas de turba que medraban o botarlle auga. Imos comprobalo!!

 Noa, botoulles auga e mirade o resultado
É alucinante!!! Fixádevos na diferencia: A primeira e unha pastilla sen auga e a segunda é como medrou en menos de 3 minutos á que lle botamos a auga.

Agora toca meter as sementes. Temos moitas, pero cada un somentes pode prantar dúas.
 
Son sementes dunhas flores que se chaman Caléndulas, parecen vermes!!!

Facemos un furadiño en cada "pastilla inchada" metemos as dúas sementes e apretamos. Isto ímolo facendo un por un.
E cando rematamos todos, como sabemos que as plantas para medrar ademais de terra e auga necesitan o calor do sol puxémolas enriba dunha estanteria da clase preto da ventá
PERO ISTO NON REMATA AQUI!!! Dende que pasen uns días xa veredes que caléndulas máis chulas imos a ter.

3 comentarios:

  1. Vaia caras de concentración!!!! A ver si non saen toxos...

  1. Cando as teñades, facede unha foto e publicádea no blog!!!

  1. pois se saen toxos, vaia flores ben bonitiñas teñen!!!! senón, lede a Noriega Varela....

Publicar un comentario