twitter
rss

IMONOS UNS DIAS DE VACACIÓNS, E FIXEMOS NO COLE UN COELLO DE PASCUA QUE SI O ABRIMOS POLA BARRIGA TRAE PREMIO.
A PASLO TODOS MOI BEN NESTES DIAS. BESIÑOS PARA TODOS

MOITOS PARABENS ADRIAN. XA TES 4 ANIÑOS.VES COMO OS NÚMEROS VAN PASANDO. CO QUE CHE GUSTAN A TI.
FESTEXAMOS O CUMPLE DE ADRIAN TODOS XUNTOS, OS DE A CLASE A E OS DA CLASE B, POIS TROUXO PASTEL PARA TODOS.
MOITOS BESIÑOS E PARABENS

Rematamos o proxecto da PREHISTORIA. Todos estos dias adicamonos a facer cousiñas para recordar como vivian, que facian e como iban evolucionando  naqueles primeiros tempos da humanidade.
Fixemos de todo: lemos contos, vimos DVDs, miramos libros, cantamos cancións.buscamos en internet, ... Pero tamen tratamos de imitalos: aproveitamos o antroido para vestir coma eles e facer ferramentas, e nestes ultimos dias adicamonos a imitar as suas pinturas e deixar as nosas pegadas.

UNAI, O PRIMEIRO QUE SE NOS FAI MAIOR, POIS XA CUMPRE 4 ANOS.

TODOS O FELICITAMOS CANTANDOLLE A CANCIÓN DE "PARABÉNS" E EL CONVIDOUNOS A UN RICO PASTEL.

MOITAS FELICIDADES UNAI!!!

Estes dias estibemos ocupadisimos preparando o regalo para os nosos papás. Traballamos con moita ilusión e moito carño.

Aqui vos amosamos todo o proceso:

1º fixemos unha boliña con pasta de modelar

2º aplastamos e amasamos a bola

3º fixemos formas con moldes

5º pintamos

6º decoramos con rotu, 

7º escribimos a etiqueta

... e listo ....


Esperamos que vos gustase. 

Feliz dia a todos os papás!!!!!

 

 


O contacontos Iago López relatou onte aos nenos e nenas de Educación Infantil unha bonita historia de superación dos medos a través de Augusta, unha nena chea de soños pero con moitas inseguridades polo que non consegue que ningún se lle cumpra. Pero contará coa axuda dos seus pais...


Así de ben o pasaron escoitando e participando no conto: