twitter
rss

Fomos a CASTROPOL a unha GRANXA ESCOLA.Pásamolo xenial e estivemos todos moi entretenidos. Tivemos uns monitores que nos dividiron en grupos de 11 e pasaron toda a xornada con nós ensinándonos moitas cousas.
Fixemos o pan,


vimos como se facia o queixo,


 fixemos un antifaz de páxaro no taller de reciclaxe, ...



vimos unha horta e os seus productos, un invernadoiro,...


E tamén estivemos en contacto cos animais: cabras, ovellas, galiñas, patos, coellos,

un burro, que se chamaba Farruquito,

e o que mais nos gustou a tod@s..... montar a cabalo. Que gozada, montamos todos os nenos e nenas un a un en EO que asi é como se chama.

Xa sei, xa sei, falta a noticia do día: que a profe tamén montou, e todos nos rimos moito.



Como sabemos tod@s, neste colexio é tradición festexar por todo o alto o DIA DAS LETRAS GALEGAS.
E asi o facemos cunha participación masiva de todos os cursos facendo representacións teatrais. Nós ainda somos algo pequenos, e por iso a nosa profe decidiu que somentes cantariamos unha canción; un RAP moi marchoso, e falariamos algo moi sinxelo da vida do autor homenaxeado este ano.
Ufff! que nervos pasamos todossss!!!! Tivemos que contar a vida de LOIS PEREIRO ( o poeta o que se lle adican as letras galegas 2011) diante de muchisima xente e encima dúas veces. Unha para alumn@s e profes do colexio e outra para a nosa familia.
Canta xente nos veu a ver!!! Estamos moi agradecidos e aqui vos deixamos un recordo da nosa actuación.

Para ver a canción pulsa AQUI 
Agora podrás repasar a vida de Lois Pereiro con nós AQUI

Estamos coñecendo o noso corpo: as súas partes, as súas diferencias, as súas caracteristicas,....
Sabemos que uns somos altos e outros mais baixos,.... Como? Medíndonos e facendo unha gráfica.

Para recordar como fomos estudiando o corpo repasada esta presentación:

Esta experiencia didáctica está inspirada na obra de Javier Abad Molina.
Vai dirixida ó alumnado que optou pola materia de Atención educativa.
Con esta actividade preténdese optimizar as relacións familia-escola.
A proposta está pensada para aproximar o alumnado destas idades o coñecemento dos Dereitos do Neno.
Nestas fotos vemos o momento no que o/a alumno/a explica en asamblea de aula a súa experiencia, emoción, etc, durante o xogo.