twitter
rss

O Apalpador felicita o Natal from Jessica on Vimeo.

NOS ESTE ANO CELEBRAMOS O NADAL A RITMO DO APALPADOR. NA NOSA CLASE SOMOS 13 APALPADORES QUE VOS FELICITAMOS NESTAS FESTAS.
PROXIMAMENTE COLGAREMOS A NOSA FELICITACION. QUE PASEDES UNHAS BOAS FESTAS.

 ATA O ANINOVO

O PRÓXIMO XOVES DIA 13, 
ENTRE AS 18:OO E AS 19:00 H. 
SAIMOS NA RADIO!!!!!!!

TEMA: AS ABELLAS E O MEL
 
EN RADIO FOZ, FM 107.4

HOXE LUCAS TROUXONOS UNS INSECTOS QUE FIXO NA CASA. EXPLICOUNOS QUE FÁCIL ERA FACELOS E QUEDAMOS EN QUE CADA UN DE NÓS VAMOS A TRAER UN PARA A CLASE, POIS GUSTARONNOS MOITO.
EL FIXO UNHA ABELLA, UNHA LIBÉLULA, UNHA BOLBORETA E UNHA XOANIÑA.QUE BONITOS!!!!!

PARA QUE VOS PODADES ENTRETER UN POUQUIÑO CO TRABALLO QUE FIXEMOS SOBRE "AS ABELLAS E O MEL" AQUI VOS DEIXO UNHA ACTIVIDADE LIM QUE ATOPEI NA REDE:




          PREMEDE AQUI

BUENO, IMOS REMATANDO AS NOSAS INVESTIGACIÓNS DESTE PROXECTO DE "AS ABELLAS E A MEL".
PODEDES PASAR A VER A EXPOSICIÓN QUE FIXEMOS NA ENTRADA CON TODO O MATERIAL QUE APORTASTEDES DENDE AS VOSAS CASA E QUE NOS BUSCAMOS.
 QUEDOUNOS ASI DE CHULO E ILUSTRATIVO.


AGORA ESTAMOS EN CONTACTO COA A.G.A.(Asociacion Galega de Apicultura) PARA QUE VEÑAN O COLEXIO,  QUE NOS VEÑAN A MOSTRAR O SEU TRABALLO E ALGUNHA QUE OUTRA COUSIÑA QUE SE NOS PUIDO OLVIDAR.
A VER SI O LOGRAMOS!!!!!
MOITAS GRAZAS A TODOS E TODAS POLA VOSA COLABORACIÓN. SIN AS FAMILIAS ESTO NON SERIA POSIBLE.

ESTE ANO CELEBRAMOS NO COLE "O MAGOSTO". PARA ISTO TRABALLAMOS NA CLASE ESTE TEMA E FIXEMOS UN MURAL CON TODOS OS NENOS E NENAS DOS OUTROS CURSOS. A NOS SOLO NOS TOCOU PINTAR, PERO SABEMOS MOITAS COUSAS.
O QUE MAIS NOS GUSTA E MELLOR APRENDEMOS É QUE É UN DIA DE FESTA PARA COMER CASTAÑAS, FROITO TIPICO DO OUTONO. E PARA ISTO PREPARAMOS O NOSO CESTIÑO.


E COA BARRIGUIÑA XA CHEA ANIMAMONOS A LANZAR
 O PEÓN. COMO SEMPRE VIÑERON OS NOSOS PAPÁS E MAMÁS, QUE TAMÉN COMERON ALGUNHA CASTAÑA QUE QUEDABA POR ALI, E LOGO PASARON UN RATIÑO CON NÓS LANZANDO O PEÓN E ENSINANDONOS A NÓS COMO SE FAI, POIS AINDA TEMOS POUCA PRÁCTICA. SEGURO QUE PARA O ANO QUE VEN XA SABEMOS.

CREO QUE XA PODEMOS IR REMATANDO COAS APORTACIÓNS E POÑERNOS XA A TRABALLAR.
TEMOS MOITO MATERIAL ESTE É O ÚLTIMO QUE FOSTES TRAENDO.
E VEREDES AO FINAL TIVEMOS SORPRESA!!!!


ABELLIÑAS ...E MEL - presentacion imagenes

DENTRO DUNS DIAS IREDES VENDO O QUE FACEMOS E POR SUPOSTO A EXPOSICION QUE ESTARÁ  A ENTRADA DAS NOSAS AULAS SOBRE TODO O QUE FOSTES TRAENDO, O QUE FOMOS TRABALLANDO E O QUE APRENDEMOS.

MOITAS GRAZAS POLA VOSA COLABORACIÓN.

Cantas cousas trouxemos estos dias para seguir investigando e aprendendo cousas sobre a fascinante vida das abellas e o seu traballo.


mel - diapositivas

Xa estamos aprendendo moito, nuns dias xa veredes os resultados das nosas investigacións no mural da entrada.



MOITAS 

FELICIDADES!!




E SORPRESAAAA!!! MIRA QUEN TE FELICITA POLO TEU 5º ANIVERSARIO.....



COMO SEMPRE XA EMPEZASTES A APORTAR COUSAS PARA IR COMENZANDO A NOSA INVESTIGACIÓN:

CON TODO ESTO XA PODEMOS IR EMPEZANDO, PERO SEGURO QUE HABERÁ MÁIS COUSAS QUE VADES A APORTAR E QUE, POR SUPOSTO, SEGUIREMOS AMOSANDO.



Na clase tamen estamos facendo algun traballiño que levaremos para a casa. Tamen nós queremos agradecer os nosos papás e mamás a axuda prestada con estos agasallos. 
LEVAN SORPRESA!!!!

ENCENDE A VELA E APAGA A LUZ




PARABENS!!!!!
 
      

XA VOU EN 5 ANOS, OS DEDOS DUNHA MAN!!!!

TODOS CHE DESEXAMOS UN CUMPLE MOI FELIZ.
 



Aqui tedes para xogar na casa o conto e actividades de 
"A CASTAÑEIRA" que contamos o outro dia no cole.

--Object------------






EMPEZAMOS OS PROXECTOS

OLA FAMILIAS: QUEREMOS EMPEZAR XA A FACER PROXECTOS DE INVESTIGACIÓN ESTE CURSO.
COMO XA SABEDES ESTOS DÍAS ESTAMOS A FALAR DE COUSAS DO OUTONO E NUNHA ASAMBLEA TROUXEMOS A CLASE UN TARRO DE MEL.

TODOS SABEMOS O QUE É O MEL E QUE O FAN AS ABELLAS CO POLEN DAS FLORES, PERO QUEREMOS SABER MOITO MAIS.
ASI QUE, COMA EN TODOS OS PROXECTOS, NECESITAMOS DA VOSA AXUDA E COLABORACIÓN. XA SABEDES MANDADENOS TODO TIPO DE MATERIAL QUE NOS POIDA APORTAR ALGO PARA A NOSA INVESTIGACIÓN E NÓS IREMOS CONTANDO COMO IMOS TRABALLANDO E DESCUBRINDO COUSA SOBRE O
 TEMA: AS ABELLAS E O MEL

 MOITAS GRAZAS.

 
 

MEL

XABIER VILLAPOL tamen nos trouxo cousas:

  • FOLLAS DE CASTIÑEIRO cos seus ORIZOS
  • FOLLAS DE CARBALLO
  • LANDRAS
  • CASTAÑAS
  • FABAS
  • MEL

Falamos das FABAS como producto que ten unha festa propia "a festa da faba de Lourenzá"para dar a coñecer as súas ventaxas na alimentación, ademais doutras cousas.
Pero o producto estrela foi o MEL Xa temos proxecto!!!!
Ainda que xa sabemos moitas cousas.
Ahhhh!!! E comok vedes tamén sabemos como sabe, pois probámola todos. que doce está!!!!

<

SOFIA MANIN troúxonos mais cousas para observar e comentar entre todos:

  • ACIBRO
  • FIGOS  e FOLLAS FIGUEIRA
  • AVELÁS de SOTO - CABAÑAQUINTA de donde era súa avoa Mª Jesús.
Observamos a pranta do CIBRO como son as súas follas, as bolitas que ten,.... Tamen as follas da FIGUEIRA, a súa forma, a súa textura, e ... probamos os figos.

Con todas as follas que apañamos no CAMPO DA CABANA a PEPUCHA ocurriuselle facer unha cousa moi chula. Mirade as fotos e veredes:


AS BRUXAS DO OUTONO


LUCAS, chegou moi contento pola mañá. Traianos a todos un traballiño  que fixera co seu PAPA na casa.
Un mural precioso que recolle varias cousas que estamos traballando na aula sobre esta estación tan fermosa coma é o OUTONO.
 Como vedes dibuxaron unha árbore con follas das que se caen no OUTONO de árbores como a MAZAEIRA, a NOGUEIRA E o CASTIÑEIRO, cos seus froitos: MAZÁ, NOZ e CASTAÑA.
Estudiamos a forma das suas follas, os seus froitos, ....
Ahhh!!! E tamen debuxaron un ESQUIO e COGUMELOS.
 Dende que comentamos todo LUCAS colocouno no panel do OUTONO.

AINHARA tamen nos trouxo un conto co las lrepasamos todas as caracteristicas desta estación do ano.





Na clase lemos o conto de:

Entón, como tiñamos moitas LANDRAS decidimos facer un semillero a ver si nos saen logo CARBALLOS.
Solamente necesitabamos:
  •  1 CAIXA
  • LANDRAS
  • AREA  (agora xa sabemos porque trouxo a area MARIÑA).
Como facemos agora?
Pois moi facil imos poñendo na caixa unha capa de area, unha capa de landras, outra capa de area, outra de landras, ..., e asi ata chegar o final da caixa e deixalas cubertas con area.

O peor agora é que teñen que quedar ata a PRIMAVERA nun sitio fresco e oscuro. Onde o meteremos?
AHHH!! No rocho de MONCHO o noso conserxe.
Todos colaboramos nesta actividade e xa estamos deseosos de que chegue a PRIMAVERA para ver os nosos CARBALLOS


Esto vaise animando mirade que nos traen hoxe NURIA, ANTIA CASTRO, GABRIEL e AHMED e Tamén MARIÑA


ANTIA PAZ foi a primeira que nos trouxo cousas do OUTONO. son cousas moi interesantes porque nos trouxo follas de CARBALLOS con LANDRAS e follas de CASTIÑEIROS con OURIZOS E CASTAÑAS.






                                          Obsevamos que as FOLLAS  
                                      dos castiñeiros son DENTADAS 


Que lle saen unhas FLORES en forma de gusanos largos 

que se chaman CANDEAS
 
                 E os seus FROITOS 
         son as CASTAÑAS que estan gardadiñas
dentro  dun OURIZO e non saen ata que se abre.





Tamen vimos como as follas do CARBALLO teñen forma de 

ONDAS


E que os seus FROITOS son as LANDRAS

O martes decidimos ir ao CAMPO DA CABANA recoller follas do OUTONO para ambientar a aula.


PASÁMOLO XENIAL. Agora para a clase, a ver que facemos con todo o que levamos.

O luns, foi un día moi activo. a media mañá viñéronnos a chamar para que fóramos facer a nosa primeira visita deste curso a biblioteca. Este é un espazo do colexio co que nós estamos moi familiarizados e o cal nos gusta moito ir, polo que fomos todos contentos. O chegar as profes mandaron que nos sentaramos.Asi o fixemos.

Explicaronnos que os compañeiros de 6º, os mais maiores, nos iban a contar e escenificar un conto.
De repente as luces apagáronse, e..... CHA CHA CHA CHAN.....


Empezan a relatarnos este conto no que aparecen:

BRUXA

FANTASMA

VAMPIRO

ESQUELETE

MOUSTRO

GATO








Despois de escoitar o conto atentamente, no que resumindo, un neno ó ir buscar unha torta a casa da súa avoa e atopóuse con todos estos personaxes queda no aire a pregunta de SOFIA MANIN:

Por qué estaban todos eses personaxes de medo na casa da avoa?

Dende que escoitamos este conto invitáronnos a comer uns doces feitos por algunhas profes e algunhas mamás e papás dos nen@s mais maiores.
Inaguramos o periodo da biblioteca cunha gran festa.