twitter
rss

O luns, foi un día moi activo. a media mañá viñéronnos a chamar para que fóramos facer a nosa primeira visita deste curso a biblioteca. Este é un espazo do colexio co que nós estamos moi familiarizados e o cal nos gusta moito ir, polo que fomos todos contentos. O chegar as profes mandaron que nos sentaramos.Asi o fixemos.

Explicaronnos que os compañeiros de 6º, os mais maiores, nos iban a contar e escenificar un conto.
De repente as luces apagáronse, e..... CHA CHA CHA CHAN.....


Empezan a relatarnos este conto no que aparecen:

BRUXA

FANTASMA

VAMPIRO

ESQUELETE

MOUSTRO

GATO








Despois de escoitar o conto atentamente, no que resumindo, un neno ó ir buscar unha torta a casa da súa avoa e atopóuse con todos estos personaxes queda no aire a pregunta de SOFIA MANIN:

Por qué estaban todos eses personaxes de medo na casa da avoa?

Dende que escoitamos este conto invitáronnos a comer uns doces feitos por algunhas profes e algunhas mamás e papás dos nen@s mais maiores.
Inaguramos o periodo da biblioteca cunha gran festa.















0 comentarios:

Publicar un comentario