twitter
rss

O venres 22 de maio fomos de excursión a "MARCELLE NATUREZA", un parque zoolóxico sutuado en Outeiro de Rei.

O obxectivo da visita a Marcelle é que os nenos e nenas coñezan e valoren todo o que un zoolóxico aporta para a conservación de animais e plantas.

Alí, acompañados dun monitor ou monitora percorren todo o zoo e van coñecendo animais que non son habituais no seu entorno: monos, renos, dromedarios, canguros, avestruz, cebras, bisontes, osos, ...


Ademais fan actividades ou talleres tales como contacontos, teatro debuxo e pintura, xogos, ...; como o grupo decida

Aqui queda un recordo da nosa primeira excursión. Fixádevos que contentos e emocionados nos vamos e como regresamos.

PASÁMOLO XENIAL!!!!

 

 


AQUI TEDES A NOSA ACTUACIÓN NESTE FESTIVAL DAS LETRAS GALEGAS.

INTERPRETAMOS AS CANCIÓNS DE MAMÁ CABRA "A MIÑA TÍA" E "UNHA VELLA TIÑA UN CAN".

DESEXAMOS QUE O PASÁRADES BEN COA NOSA PRIMEIRA POSTA EN ESCEA ANTE TANTO PÚBLICO.

MOITAS GRAZAS A TODOS POR ACOMPAÑARNOS NUN DIA TAN IMPORTANTE PARA NÓS.

 




Este domingo 17 de maio é a festa das Letras Galegas. Nos celebrámola a diario.

Este ano adícase esta data a Xosé Filgueira Valverde, porque escribiu moitos libros sobre a historia, a lingua e os costumes de Galicia.



No cole faise unha gran festa para conmemorar esta data. É moi importante para nós.

Adicamos unha semana enteira a representar cancións e obras de teatro exclusivamente en galego, as que invitamos aos papás e mamás a que vexan a nosa representacion.

Por motivos de aforo temonos que dividir. ahi vos queda o calendario de actuacións para que saibades cando tedes que vir a vernos.

 

Os nenos e nenas de 3 anos somos os que inaguramos este ano o esceario das Letras Galegas 2015 coa dramatización de dúas cancións.

Vide a vernos o luns 18 de maio as 12:00h.

Esperámosvos


Ultimamente non paramos coas celebracións. Temos cumples dia si e dia tamén.

O dia 9 tocoulle a nosa compañeira CILIA, pero como cuadrou sábado trouxonos un bizcoito riquisimo para celebrar o seu aniversario o luns dia 11.

FELICIDADES CILIA!!!! BENVIDA O CLUBE DOS DE 4 ANOS.



Ainda que o aniversario de Rania foi no mes de abril,como non estivo con nós, trouxonos unha riquísima tarta para celebralo todos xuntos.

EMPEZAMOS O MES DE MAIO, O MES DAS FLORES.
E XA TEMOS O CUMPLE DE VALERIA. CATRO ANOS XA
MOITAS FELICIDADES VALERIA!!!
PARA TI TANTAS FLORES COMO ANOS CUMPLES.



AGORA TOCA FACERLLE O NOSO AGASALLO AS MAMÁS.
CON MOITO AMOR, ENTUSIASMO E ESFORZO FIXEMOS ESTES ÁBANOS, PARA CANDO SINTADES CALOR.
MOITOS BIQUIÑOS.