twitter
rss

Este domingo 17 de maio é a festa das Letras Galegas. Nos celebrámola a diario.

Este ano adícase esta data a Xosé Filgueira Valverde, porque escribiu moitos libros sobre a historia, a lingua e os costumes de Galicia.



No cole faise unha gran festa para conmemorar esta data. É moi importante para nós.

Adicamos unha semana enteira a representar cancións e obras de teatro exclusivamente en galego, as que invitamos aos papás e mamás a que vexan a nosa representacion.

Por motivos de aforo temonos que dividir. ahi vos queda o calendario de actuacións para que saibades cando tedes que vir a vernos.

 

Os nenos e nenas de 3 anos somos os que inaguramos este ano o esceario das Letras Galegas 2015 coa dramatización de dúas cancións.

Vide a vernos o luns 18 de maio as 12:00h.

Esperámosvos


0 comentarios:

Publicar un comentario