twitter
rss

Aqui está a recopilación de todas as entradas do proxecto "A VIDA É ARTE".
Engloba saidas, visitas, contacontos, xogos e experiencias na aula, en definitiva, todo o qué e como se traballou neste proxecto que xurdiu cando fomos a unha exposición con obras de artistas da nosa zona "A Mariña" ao CENIMA.

A finais de abril fomos invitados a exposición ATOPARTE de artistas locais no CENIMA.


 Neste momento estabamos a traballar na aula as caracteristicas da estación na que estamos:  A PRIMAVERA. E os nenos chamoulles a atención este cadro
A muller e o home árbore, de Xosé Blanco

Xurde entón un novo proxecto:
decidimos investigar sobre o ciclo da vida nas plantas e nas persoas, e os fenómenos que interveñen, logo dunha conversa na aula con todos os nenos e nenas na que nos explicaron que vían no cadro.


-O primeiro que lles chama a atención é o arco da vella, quizais polos colores que contrastan co verde e marrón do resto do cadro.

- Hai moitas follas. Son árbores. É a primavera.

- Hai nubes.

-Hai un chico e unha chica.

-O chico ten ollos e boca.

-A chica non ten cara.

Algún nen@ levántase e sinala na pantalla cal é o home e cal a muller

- Ten tetitas.

-Ten barriga.

Cando sinalan ao home preguntamos:

-       Por qué sabedes que ese é o home?

-       Ten cara de chico.

-       Ten pipí. (sinalan o pene na pantalla) Nese momento algún neno sorprendido di  “que grande é. Chega ao suelo! ”

-       Outro dí: -Caeulle o pipí!”

-       O home é máis gordo.



A partir dese momento deixan de velos como árbores literalmente e falan  xa  do home e da muller:

-       Os dous teñen pés.

-       Os dedos da chica parecen pinchos.

-       E os pés, a que se parecen? Preguntamos nós. Quedan por un momento calados…

- Miramos ben o cadro outra vez. Onde están os pés?

- Na terra

- E nos normalmente,  temos os pés na terra?

- Non. Son as raíces, que son árboles oh!.

            - As follas do home son máis grande.

           - Hai boliñas. Son uvas. Son moras.

            - A chica ten máis.

 


Coma sempre pedimos a vosa colaboración para aportar material e poder seguir investigando.
Xa sabedes, podedes traer sobre calquera dos dous temas, incluso de arte:
-       Contos
-       Debuxos
-       Libros
-       Dvds
-       Maquetas
-       Material realizado na casa…
O título provisional deste proxecto é:
“A VIDA É ARTE”
Como queremos facervos partícipes en todo, tamén podedes aportar títulos para o mesmo.

TRAEMOS MOITAS COUSAS DA CASA

Con todo esto que traemos da casa imos traballar moitisimo e por suposto aprender moitas cousas e pasalo moi ben.


 

 

 

Como podedes ver trouxemos cousas moi variadas de todo o que ten vida. Tamén temos contos e traballos relaccionados co debuxo e coa pintura. 

Imos ver como podeos coordinar todo esto.

Moitas grazas familias.



EMPEZAMOS: SOMOS PINTORES.
Comenzamos reproducindo o cadro "A muller e o home árbore" para esto como somos moitos repartimos o traballo. decidimos que 3 anos A fai o home e 3B a muller.
Traballamos con témperas e pinceis, picamos cartulina, pegamos, estampación de pintira con dedos e tapóns, ...
Utilizamos varias técnicas e materiais para facer a nosa versión do cadro.





Gústavos? A nós encantóunos facelo.

E podedes pasar a verlo na nosa exposición que está coma sempre a entrada do noso edificio.


O CICLO DA FABA
Como xa sabedes doutra entrada anterior, fai unhas semanas plantamos unha semente e fumos observando como abría e medraba día a día. Amosámosvos agora nunha montaxe como foi este proceso e como fumos elaborando o noso libriño do "CICLO DA FABA".



Así foi como nos quedou o noso libro da faba que logo levamos á nosa casa:




Ademáis de observar ao longo de varios días como medraba a nosa semente, fumos á biblioteca escoitar o conto "Aínda nada?" , actividade de contacontos preparada polas mestras encargadas da biblioteca. 




Logo de contalo, tamén o visualizamos na pantalla






O NOSO CORPO QUERE MEDRAR

  Retomamos novamente o fío conductor deste proxecto, o cadro "o home a a muller árbore", para comezar a traballar cos nenos/as o ciclo da vida das persoas, os partes do noso corpo, os sentidos...

















 
Xunto co dossier que foron completando a medida que íamos avanzando nas nosas pesquisas, tamén escoitamos as cancións "Fun ao mercado ("canción incluída no libro-disco-DVD 'María Fumaça' , Editorial Galaxia, colección Sonárbore, 2012) e " O noso corpo" de Mamá Cabra.







Coa axuda de Osiños e Musculiños, que nos acompañoron nas aulas ata o remate do proxecto,  averiguamos como somos por fóra e por dentro.





















As familias continuaron implicándose motísimo e seguiron traendo materiais relacionados con este tema, dende libros ata manualidades feitas cos nenos/as nas súas casas: 






Un dos nenos trouxo esta secuencia de imaxes que nos parecen perfectas como resumo  dos ciclos da vida das plantas, das persoas e, ao mesmo tempo, se nos damos conta, do día e a noite:


Pasámolo moi ben dramatizando historias como "De la cabeza a los pies", de Eric Carle, que escoitamos tamén en inglés, "From Head to Toe", e "O señor corpo quere xogar":
























O equipo da biblioteca tamén nos preparou unha actividade de contacontos léndonos o libro "Aquiles o puntiño".



O TALLER DOS SENTIDOS
Nunha das aulas de 3 anos organizouse un taller coa intención de que os nenos identificasen obxectos ou alimentos, descubrisen sensacións e sobre todo se desen conta de que as persoas coñecemos o mundo que nos rodea a través dos sentidos.




UNS VERMIÑOS MOI ESPECIAIS
Para poñer punto e final ao proxecto aproveitamos a visita dunha experta en vermes de seda, María José Martínez, que nos ensinou moitas cousas sobre estes sorprendentes animais, para que os nosos pequenos coñecesen o ciclo da vida das bolboretas. 
 Algúns nenos/as trouxéronnos o ciclo da bolboreta representado en mural


ou contado a través de dúas fermosas historias  "A viaxe das bolboretas"




e "Unha eiruga moi larperia"  e que tamén escoitaron en inglés, xa que é unha historia orixinal de Eric Carle ("The Very Hungry Caterpillar"):











Pero non todos os vermiños se converten en bolboretas, así explicouselles aos máis pequenos do cole como é o proceso de obtención da seda. Coñeceron dende a cría e evolución dos gusanos ata o que necesitan comer, como eran os casulos, e a extracción da mesma para obter fío e elaborar as teas.