twitter
rss

Despois de 3 meses de intenso traballo merecemos unha semana de descanso.
Que o pasedes moi ben, que xoguedes moito, que disfrutedes da vosa familia,..

FELIZ SEMANA

Ata a volta chicos e chicas.


Estamos a traballar na clase o conto "Unha eiruga moi larpeira". Con ela traballamos os dias da semana, a necesidade de alimentarnos, e as fases de desarrollo dunha bolboreta.
Como xa logo veñen as vacacións de Semana Santa e a volta xa non vamos a traballar mais coa nosa eiruga aqui vos deixo uns xogos deste conto tan instructivo.
Para poder entrar pulsade AQUI.



Esta eiruga non vos parece que é un verme da seda?. Siiiiiii. Pois aqui vos queda un video sobre a vida destes vermes.

O día 2 de Abril celébrase o Dia do Libro Infantil. No cole as mestras que levan a Biblioteca tiveron a xenial idea de se podia celebrar dunha maneira especial. Como? Pois vindo papás, mamás ou avós e avoas a contarnos contos á biblioteca. E asi o fixeron.
No grupo que nos tocou a nós viñeron ..... a ver si os conocedes:



Estivemos ensimismados, gustáronnos moito os contos e gustarianos que se volvera a repetir esto.
Grazas os papás, mamás e avos que participaron e nos adicaron o seu tempo para facernos pasar un momento moi, moi agradable.

Si queredes volver a escoitar os contos pulsade en Enlaces BIBLIO COLE e ali estarán.

Para ver como comenzamos a traballar e a disfrutar coa estación da primavera mira esto:




Despois de ver, escoitar e incluso bailar o son de Vivaldi, preparamos moitas cousas para decorar a aula nesta estación. Quedounos un mural moi chulo. A que si!!!

Tamen aprendemos cales son as partes dunha flor:

Quixemos facerlle un agasallo a papá no seu día. Aqui tedes o que resultou. PARABÉNS a todos os PAPÁS.

Este conto gustounos moito, e sabémolo todos de memoria. Eran unha vez tres chivos que vivian no alto dunha montaña. O chivo chivon pequeno, .....

Para xogar con este conto pulsa AQUI

O ENTROIDO XA CHEGOU... que contentos estamos, vamos a disfrazarnos de PIRATAS.
Pero antes temos que saber moitas cousas sobre eles. Para iso fixemos este proxecto:

E despois de traballar.... chegou o dia da gran FESTA:

O día 24 de febreiro tivemos con nós a IAGO o Contacontos, que nos contou unha historia sobre unha nena chamada ALBA,  na cal participamos nós tamén.

O 25 de xaneiro fomos de excursión a VEGADEO. Fomos visitar o "Centro de Formación do Consumidor". Fomos facer unha actividade sobre a NOSA ROUPA.
Aprendimos a través dun conto que nos iba contando Montse como tiñamos que facer coa roupa: doblala, lavala, planchala, vestirnos adecuadamente según a estación do ano;....
E tamén de que estaba feita a roupa: algodón, lá, seda, isto foi o que máis nos sorprendeu.


Dende que acabamos a actividade, saimos e como podedes observar pasamolo xenial.
Foi a nosa 1ª excursión e os profes Ana e Javier dixeronnos que nos portaramos moi ben, que foramos moi bos, e como premio logo volveremos a outra excursión.