twitter
rss

Este curso por mor de recuperar un xogo popular casi olvidado decidimos celebrar "o dia do Peón" no noso centro baixo o lema "POLO SAN MARTIÑO PEÓNS AO CAMIÑO", suxerido por Brinquedia (Asociación Galega do Xogo Tradicional), e organizado no noso cole por Mª Paz
A elo adicamos a última sesión da mañá cunha ampla participación de pais, nais e avós dos nosos alumnos, facendo demostracións das súas hablilidades e incluso de mestres desta actividade, polo que estamos todos moi agradecidos e dende aqui queremosvos dar a todos e todas as grazas.
Foi xenial ver como os papás e mamás explicaban e ensinaban os nosos nenos a lanzar o peón, sobre todo os mais pequeniños.
Os da nosa clase pasámolo xenial, e debido a colaboracion tan ampla dos nosos papás prometemos facer mais actividades deste tipo o longo do ano.
aqui vos queda un recordo:








ANTIA P. trouxonos para a clase un pequeno mural do outono que fixo coa sua mamá na casa. Explicounos todo o que habia nel: a choiva, as castañas, as landras. o arco da vella, as follas do castiñeiro e do carballo,...



Moitas grazas Antia, con isto reforzamos cousiñas que falamos na clase sobre esta estación tan chea de cores e froitos, e que nos gusta sempre aprender novas cousas sobre ela.

Hoxe fixemos unha degustación de froitos do outo.
Diferenciamos entre froitos carnosos (uvas, mandarinas, mazás e peras) e froitos secos (castañas, noces e avelás). Aprendimos as súas caracteristicas e probámolos todos.


O martes dia 8 de novembro invitáronnos a ir o Instituto de Foz para ver unha demostración da Garda Civil, en que consiste o seu traballo e os aparellos que utilizan.
Vimos o helicoptero, un simulacro de como se rescararia un ferido nunha montaña, montamos nos seus coches, nas súas motos, puxemos as súas gorras, soaron as sireas,....
Tamén nos dixeron que rescataban xente no mar e observamos os aparellos que usaban, ...
E por último deronnos un carné infantil da Garda Civil que podemos utilizar para deter as persoas que se porten mal e fagan cousas malas.
Aqui vos deixamos unha mostra:


Festexamos o cumpre de GABRIEL. Que maior xa!!!! Convidounos  a todos a unha tarta riquiiisima. Contounos que a fixera a súa mamá, felicitacións tamen para ela pois estaba moi boa.


E para rematar isto  deixovos os contos que traballamos.
Para o SAMAIN  traballamos "Marcelina e a noite de Samaín" para velo pulsa AQUI


E outro que traballamos e "A castaña que rebentou de risa"


 

Na rede atopamos moitos xogos educativos cos que traballamos a estación do OUTONO  e afestividade e tradicción do SAMAIN.
Podemos divertirnos e recordar o que sabemos con  estos:



      


Pulsar AQUI para o 1º:





Aqui vai outra moi divertida, PULSA





E por último esta moi sencilla AQUI





Por fin chegou o outono. Sabemos todos que entra a finais de setembro pero este ano fixo tanta calor que chegou algo mais tarde o noso cole.

Para recordar o que pasa en outono imos ver este video:


Na clase coma sempre traballaremos as caracteristicas desta estación con fichas, murais, contos, programas para a PDI, xogos,... Alguns deles son estes, que podedes recordar xogando na casa.


O OUTONO VEDOQUE. Xogo variado nas actividades que se presentan. Ten varios xogos, resaltando o dos froitos do outono e o coñecemento das vogais. A maiores tamén inicia lectoescritura xogando coas sílabas de palabras relacionas co outono.





E este moi interesante, que nos ofrece dirección do Goberno de Canarias, no cal podemos distinguir varios niveis de dificultade. Inician un proceso de coñecemento do outono  a través das imaxes, para posteriormente formar palabras e buscar outras relacionadas coa estación: paraguas, seta, lluvia..... . A maiores ten un dicionario, onde podes descubir a palabra, imaxe e o son da mesma. Destacar a opción que nos ofrece de traballar coa maiúscula ou coa minúscula, incluso de poñer ou non subtítulo ás actividades.
Pulsa AQUI para xogar