Por fin chegou o outono. Sabemos todos que entra a finais de setembro pero este ano fixo tanta calor que chegou algo mais tarde o noso cole.
Para recordar o que pasa en outono imos ver este video:
Na clase coma sempre traballaremos as caracteristicas desta estación con fichas, murais, contos, programas para a PDI, xogos,... Alguns deles son estes, que podedes recordar xogando na casa.
O OUTONO VEDOQUE. Xogo variado nas actividades que se presentan. Ten varios xogos, resaltando o dos froitos do outono e o coñecemento das vogais. A maiores tamén inicia lectoescritura xogando coas sílabas de palabras relacionas co outono.
E este moi interesante, que nos ofrece dirección do Goberno de Canarias, no cal podemos distinguir varios niveis de dificultade. Inician un proceso de coñecemento do outono a través das imaxes, para posteriormente formar palabras e buscar outras relacionadas coa estación: paraguas, seta, lluvia..... . A maiores ten un dicionario, onde podes descubir a palabra, imaxe e o son da mesma. Destacar a opción que nos ofrece de traballar coa maiúscula ou coa minúscula, incluso de poñer ou non subtítulo ás actividades.
Pulsa AQUI para xogar