Fomos a CASTROPOL a unha GRANXA ESCOLA.Pásamolo xenial e estivemos todos moi entretenidos. Tivemos uns monitores que nos dividiron en grupos de 11 e pasaron toda a xornada con nós ensinándonos moitas cousas.
Fixemos o pan,
fixemos un antifaz de páxaro no taller de reciclaxe, ...
vimos unha horta e os seus productos, un invernadoiro,...
E tamén estivemos en contacto cos animais: cabras, ovellas, galiñas, patos, coellos,
un burro, que se chamaba Farruquito,
e o que mais nos gustou a tod@s..... montar a cabalo. Que gozada, montamos todos os nenos e nenas un a un en EO que asi é como se chama.
Xa sei, xa sei, falta a noticia do día: que a profe tamén montou, e todos nos rimos moito.