Este ano, como todos xa sabedes adícaselle a UXÍO NOVONEYRA, poeta de "O COUREL" e gran defensor da nosa lingua.
Os nenos e nenas de Infantil aprendemos moito sobre este autor, xa que fixemos un mural sobre a súa vida e a súa obra.
Soubemos que nacera nunha aldea de O Courel, unha zoa moi montañosa da provincia de Lugo.
Que estudou bachiller en Lugo, á universidade foi a Madrid: Logo voltou para Lugo e por fin foi vivir coa súa familia a Santiago de Compostela, cidade onde morreu.
Traballamos tamén a súa obra e descubrimos que era un gran poeta. Toda a súa obra poética xira entorno a súa querida terra "O Courel", fálamos das súas paisaxes, das súas xentes e dos animais que alí habitan. O libro de poemas mais destacado é "OS EIDOS"
Pero o máis importante para nós foi que escribiu tres contos para nós, os nenos:Titúlanse asi:
- GORGORÍN E CABEZÓN
- O CUBIL DO XABARÍN
- ILDA, O CORZO, O LOBO E O XABARÍN. Este traballamolo moito en TIC si pulsades neste enlace poderedes ver o que fixemos na clase:
http://centros.edu.xunta.es/ceipfrian/files/lim/letrasgalegasinf/letras_galegashtml