CHEGA O OUTONO!!!
Hoxe co vento chegou ás nosas clases unha muller voando co seu paraugas aberto.
Presentouse como “A SEÑORA DO OUTONO”. Trae unha saia cheiña de petos e en cada un cousas que hai nesta estación do ano: follas secas, cogumelos, cabazas, castañas, noces, ….
Quedou na nosa clase e revisámoslle os petos. Tamen comemos as noces e castañas que traía, jiji, somos uns lambóns!!
Tamen fixemos máis cousas, mirade:
Xa fomos de excursión!!!!! Fomos ao Parque do Campo da Cabana a coller follas para facer esto: