Co outono tamén chega o Samaín, tempo de cabazas, de castañas, de tradicións, pero tamén de medo, mooooito medo!
Ao longo desa semana os nenos foron traendo cabazas monstruosas, simpáticas, larpeiras, heroicas...e de todo tipo, coas que se fixo unha pequena exposición na entrada do cole.
Escoitamos cancións moi coñecidas sobre o Samaín e as que máis lles gustaba bailar foron "o Samaín" de mamácabra e "a canción dos esqueletos":
Pero na aula tamén apareceu a CASA DO MEDO! Parece que foi cousa de bruxas...JA, JA, JA.
Nela habitaban as personaxes máis terroríficas que vos poidades imaxinar, vampiros, pantasmas, bruxas, esqueletos, arañas, morcegos, gatos negros...Cada vez que nos visitaba un deles traíanos un agasallo moi especial: un conto.
Algunhas das historias que nos trouxo o Samaín e que máis lles gustaron podedes escoitalas nos seguintes enlaces: