O Día da Árbore celébrase a nivel mundial o
21 de marzo e dia da Auga o 22.
A Deputación de Lugo
programou unhas actividades para eses dias e mandou a todos os colexios que quixeron participar, o noso por suposto que si,
uns libros de contos para repartir entre os alumnos titulados “Viaxe polos ríos e árbores dos Ancares”, elaborado en papel
reciclado, que recolle relatos breves relacionados coa xeografía e a natureza
da zona. O libro conta a historia de Pituca, unha pita de monte que viaxa polas
terras dos Ancares e vai atopando autores que lle contan pequenos contos
relacionados coa xeografía e a natureza da zona. Estes microrrelatos son obra
dos escritores Paco Martín, Helena Villar Janeiro, Marica Campo, Agustín
Fernández Paz, María Reimóndez, Santiago Jaureguizar, Carmen Blanco, Xabier P.
Docampo e Carlos G. Reigosa. Logo de leer os contos na clase, pasamos a plantar as árbores. Este ano a Deputación somentes mandou un BIDUEIRO, que como é loxico non chega. Entón deixamosllo os nenos maiores e nos prantamos uns CARBALLOS.
De ónde os sacamos???? Acordádesvos do semillero de landras que fixeramos ao empezar o outono? Pois xa botaron raíces e asi cada un poderá levar para a súa casa un carballo, a árbore emblemática de Galicia.
dia auga - diapositivas
Plantadeo nunha finca da vosa casa e, cando sexades maiores e o carballo estea xa grande, acordarédesvos sempre que o plantastes na escola cando tiñades cinco aniños.