twitter
rss

O luns, unha vez seleccionado todo o material aportado para o noso PROXECTO, sentámonos en ASAMBLEA para decidir o QUE QUEREMOS INVESTIGAR? sobre, os xa, nosos amigos 
OS CASTREXOS.
Esto foi o que resultou: 
XAVI V: Cando viviron?
LUCAS: Donde vivian? Como eran as suas casas?
SOFIA M: Donde construian as suas vivendas?
GABRIEL: Como pintaban as casas?
AHMED: Como eran os teitos das casas?
SOFIA R.: Como facian as camas?
AINHARA: como cociñaban?
IAGO: Por que solo comian unha vez o dia?
ANTIA P.: De que vivian? Tiñan gado e eran agricultores
XABI V.: Eran cazadores
LUCAS: Tamen eran pescadores
XABI R.:  Tamén eran guerreiros
NURIA:  Si, como facian as armas?
AHMED: Como facian as ferramentas os ferreiros?
ANTIA P.: que facian co lume?
 XABI R.: Como facian a cerámica?
SOFIA M:  Como facian e como eran as xoias?
IAGO: Como facian os muiños para moer as sementes?
ANTIA C.: Como falaban? Que idioma?
AINHARA: E falarian en galego, digo eu, si eran os nosos anterpasados. Ou tiñan outro idioma?
ANTIA C.: Como se vestian?
XABI R.: Facian música. Como a facian?
SOFIA M.: Que festas facian e porque?
SOFIA R: En que creian? Nas fadas, nos elfos
LUCAS: Lucharon con los romanos
IAGO: Que facian cos mortos? Cando se extinguiron?

COMO VEDES XA TEMOS MOITAS CURIOSIDADES E MOIIIITISIIIMO QUE TRABALLAR. 
ASI QUE MANS A OBRA.

 


0 comentarios:

Publicar un comentario