Despois de tanto investigar soubemos que O APALPADOR virá pola zona de "A MARIÑA" os dias 24 (se non se atopa con Papá Noel) ou o 31 de Decembro. Nos por si acaso escribimoslle esta carta.
E aqui, na exposición que está na entrada podedes ver como colaboramos todos e todas para saber cousiñas deste persoaxe, podedes pasar a vela cando queirades. Este foi o noso traballo.
Como vedes traballamos moito, asi que estamos seguros que
O APALPADOR nolo terá en conta e portarase ben con nós. Ah!!! Ademais estamos moi mantidiños e temos a barrigola moi chea.
Como somos moi aplicados e nos gusta moito aprender xa empezamos a traer cousiñas relacionadas con "O APALPADOR". Mirade cantas cousas: murais, obxectos, xoguetes feitos por el, información, pegatinas, debuxos, fotos, ...
Para recordar un dos contos que traballamos na clase podedes clicar AQUI nesta actividade LIM
Chega o Nadal. E todos e todas estamos preparados para recubir agasallos. Pero ... e se foras un neno ou unha nena doutro pais? Deberias escribir a túa carta a Papá Noel ou ós Reis Magos?
Este curso 2011/12 no noso cole o dia do Festival de Nadal imos traballar a interculturalidade.
Prepárate para coñecer quen agasallaba os nenos e nenas de Galicia.
Os da nosa clase como somos mui curiosos xa empezamos a investigar algo sobre este personaxe, pero necesitamos aportacións de todos os que queiran colaborar para saber moitas cousas e disfrutar aprendendo, xa que estamos a realizar un proxecto de investigación tutulado O APALPADOR
Moitas grazas a todos e todas os que nos estades axudando. Os resultados deste proxecto podédelos ir vendo nun mural que hai na entrada para as nosas aulas.
Tamén seguiremos informándovos nesta páxina.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)