Fomos de excursión de fin de curso a Marcelle. Un parque onde vimos moitos animais dos que non vemos habitualmente. Uns monitores nos explicaron como vivian, que comian e curiosidades sobre eles.
Aqui deixo unha mostra do que vimos e do ben que o pasamos.
Para conmemorar o Dia das Letras Galegas veu ao colexio Anxo Moure,un contacontos que nos trouxo o seu mundo de fantasía . Con el gozamos da forma tan especial que ten para contarnos e facernos vivir os contos, que coma sempre falan do coidado e do respecto ás arbores, ás nosas fragas, á natureza…
«Ola, o meu nome é Anxo, son atrapador de contos e ciclobibliotecario, isto quere dicir que atrapo os contos que escapan dos bosques por mor dos incendios e demáis agresión medioambientais e gárdollos nunha bicicleta cun carriño dianteiro para que as nenas e nenos os escoiten, os coiden e sobre todo os devolvan ao bosque a través de pequenas accións que protexan as árbores e os ríos nos que habitan.
Para coñecer un pouco os seus proxectos e as súas incribles historias, aquí vos deixo o enlace a súa páxina web. Merece a pena!!!!
http://www.contosolidarios.org/contosolidarios.htm
Estos dias estamos a traballar sobre o persoeiro que se lle adica este ano o "Dia das Letras Galegas".:
VALENTIN PAZ ANDRADE
“Foi un grande patriota galego, un grande economista e tamén un grande empresario; ou sexa, que uniu o amor pola cultura galega ao desenvolvemento económico do País.
Pero para nós é algo complicado entender todo esto, ainda que xa sabemos moitas cousas de Valentin, e para que podamos repasar na casa poñemos aqui estas actividades LIM:
Moitas felicidades a todas as nosas mamás e a todas as mamás do mundo.
Para demostrarvos o noso cariño mirade que fixemos coas nosas mans.
Ooooohhh!!!! Como vades a presumir. Un broche para que poñades na vosa solapa!!!!!!
Un biquiño e que disfrutedes do dia.
Esta é a nosa primeira actividade LIM propia. Somos nós os protagonistas. Trátase de saber escribir e recoñecer o nome de tod@s @s compañeir@s da clase das estrelas. Asi poderemos practicar na casa e seguro que nos vai a resultar mais fácil. Vade practicando. Prometemos que as seguintes irán mais perfeccionadas.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)