Como somos moi aplicados e nos gusta moito aprender xa empezamos a traer cousiñas relacionadas con "O APALPADOR". Mirade cantas cousas: murais, obxectos, xoguetes feitos por el, información, pegatinas, debuxos, fotos, ...
Para recordar un dos contos que traballamos na clase podedes clicar AQUI nesta actividade LIM
Chega o Nadal. E todos e todas estamos preparados para recubir agasallos. Pero ... e se foras un neno ou unha nena doutro pais? Deberias escribir a túa carta a Papá Noel ou ós Reis Magos?
Este curso 2011/12 no noso cole o dia do Festival de Nadal imos traballar a interculturalidade.
Prepárate para coñecer quen agasallaba os nenos e nenas de Galicia.
Os da nosa clase como somos mui curiosos xa empezamos a investigar algo sobre este personaxe, pero necesitamos aportacións de todos os que queiran colaborar para saber moitas cousas e disfrutar aprendendo, xa que estamos a realizar un proxecto de investigación tutulado O APALPADOR
Moitas grazas a todos e todas os que nos estades axudando. Os resultados deste proxecto podédelos ir vendo nun mural que hai na entrada para as nosas aulas.
Tamén seguiremos informándovos nesta páxina.
Este curso por mor de
recuperar un xogo popular casi olvidado decidimos celebrar "o dia do
Peón" no noso centro baixo o lema "POLO SAN MARTIÑO PEÓNS AO CAMIÑO",
suxerido por Brinquedia (Asociación Galega do Xogo Tradicional), e organizado no noso cole por Mª Paz
A elo adicamos a última sesión da mañá cunha ampla participación de
pais, nais e avós dos nosos alumnos, facendo demostracións das súas
hablilidades e incluso de mestres desta actividade, polo que estamos todos moi agradecidos e dende aqui queremosvos dar a todos e todas as grazas.
Foi xenial ver como os papás e mamás explicaban e ensinaban os nosos nenos a lanzar o peón, sobre todo os mais pequeniños.
Os da nosa clase pasámolo xenial, e debido a colaboracion tan ampla dos nosos papás prometemos facer mais actividades deste tipo o longo do ano.
aqui vos queda un recordo:
ANTIA P. trouxonos para a clase un pequeno mural do outono que fixo coa sua mamá na casa. Explicounos todo o que habia nel: a choiva, as castañas, as landras. o arco da vella, as follas do castiñeiro e do carballo,...
Moitas grazas Antia, con isto reforzamos cousiñas que falamos na clase sobre esta estación tan chea de cores e froitos, e que nos gusta sempre aprender novas cousas sobre ela.
Hoxe fixemos unha degustación de froitos do outo.
Diferenciamos entre froitos carnosos (uvas, mandarinas, mazás e peras) e froitos secos (castañas, noces e avelás). Aprendimos as súas caracteristicas e probámolos todos.
O martes dia 8 de novembro invitáronnos a ir o Instituto de Foz para ver unha demostración da Garda Civil, en que consiste o seu traballo e os aparellos que utilizan.
Vimos o helicoptero, un simulacro de como se rescararia un ferido nunha montaña, montamos nos seus coches, nas súas motos, puxemos as súas gorras, soaron as sireas,....
Tamén nos dixeron que rescataban xente no mar e observamos os aparellos que usaban, ...
E por último deronnos un carné infantil da Garda Civil que podemos utilizar para deter as persoas que se porten mal e fagan cousas malas.
Aqui vos deixamos unha mostra:
Festexamos o cumpre de GABRIEL. Que maior xa!!!! Convidounos a todos a unha tarta riquiiisima. Contounos que a fixera a súa mamá, felicitacións tamen para ela pois estaba moi boa.
E para rematar isto deixovos os contos que traballamos.
Para o SAMAIN traballamos "Marcelina e a noite de Samaín" para velo pulsa AQUI
E outro que traballamos e "A castaña que rebentou de risa"
Por fin chegou o outono. Sabemos todos que entra a finais de setembro pero este ano fixo tanta calor que chegou algo mais tarde o noso cole.
Na clase coma sempre traballaremos as caracteristicas desta estación con fichas, murais, contos, programas para a PDI, xogos,... Alguns deles son estes, que podedes recordar xogando na casa.
E este moi interesante, que nos ofrece dirección do Goberno de Canarias, no cal podemos distinguir varios niveis de dificultade. Inician un proceso de coñecemento do outono a través das imaxes, para posteriormente formar palabras e buscar outras relacionadas coa estación: paraguas, seta, lluvia..... . A maiores ten un dicionario, onde podes descubir a palabra, imaxe e o son da mesma. Destacar a opción que nos ofrece de traballar coa maiúscula ou coa minúscula, incluso de poñer ou non subtítulo ás actividades.
Pulsa AQUI para xogar
Empezamos a oir falar do Samain no cole. Que será iso? So sabemos que hai que levar cabazas decoradas para o cole. Que é algo relacionado co outono. Para ir sabendo algo escoitamos esta canción.
E tamen trouxemos cabazas decoradas para facer unha exposición, ademais de pintar froitos e follas e animais típicos do outono.
Con Pepita coñecemos os órganos do noso corpo.
Primeiro abrimos a sua cabeza e vimos que dentro estaba o CEREBRO. Lucas e Sofia explicaronnos que estaba dentro do craneo e era o que daba as ordenes para todo o corpo.
Logo, sorpresa, Antia P. e Sofia M. abrironlle a barriga a Pepita e que apareceu:
Pois os PULMÓNS e o CORAZÓN que nos lo enseñaron Antia P. E Sofia M. que logo quixeron colocarllos a Pepe no seu sitio.
Logo Antia C. e Mariña atoparon o FIGADO e o ESTÓMAGO e dixeron que este último era unha bolsa onde iban os alimentos que comiamos.
Xabier R. amosounos os INTESTINOS e por último Gabriel as VENAS por onde circula o sangue.
Despois de velos en Pepita fixemos unhas fichas e Ainhara e Xabi V. Volveron a colocarlle todos os seus órganos a Pepita.