Empezamos a oir falar do Samain no cole. Que será iso? So sabemos que hai que levar cabazas decoradas para o cole. Que é algo relacionado co outono. Para ir sabendo algo escoitamos esta canción.
E tamen trouxemos cabazas decoradas para facer unha exposición, ademais de pintar froitos e follas e animais típicos do outono.
Con Pepita coñecemos os órganos do noso corpo.
Primeiro abrimos a sua cabeza e vimos que dentro estaba o CEREBRO. Lucas e Sofia explicaronnos que estaba dentro do craneo e era o que daba as ordenes para todo o corpo.
Logo, sorpresa, Antia P. e Sofia M. abrironlle a barriga a Pepita e que apareceu:
Pois os PULMÓNS e o CORAZÓN que nos lo enseñaron Antia P. E Sofia M. que logo quixeron colocarllos a Pepe no seu sitio.
Logo Antia C. e Mariña atoparon o FIGADO e o ESTÓMAGO e dixeron que este último era unha bolsa onde iban os alimentos que comiamos.
Xabier R. amosounos os INTESTINOS e por último Gabriel as VENAS por onde circula o sangue.
Despois de velos en Pepita fixemos unhas fichas e Ainhara e Xabi V. Volveron a colocarlle todos os seus órganos a Pepita.
Hoxe SOFIA M. trouxo un doce para festexar o seu aniversario. Cumpre 4 anos. Ela di que xa é moi maior.
Todos a felicitamos, cantamoslle a canción dos cumples, e .... SORPRESA LUCAS tiña un regalo para ela.
Despois de tanto investigar, observar e preguntar decidimos que os contidos que abordariamos neste mini proxecto sobre o corpo serán:
- As partes do corpo por fora
- Os sentidos
- O corpo por dentro :
. alguns osos do esqueleto
. o sistema circulatorio: corazón, arterias e veas
. o sistema dixestivo: boca,estómago e intestinos
. o sistema respiratorio: nariz, traquea, bronquios,pulmóns
Empezamos a traballar con PEPE e nel vimos algús dos osos mais importantes e significativos do corpo humano como por exemplo o craneo (que protexe o cerebro), as costelas (que protexen os pulmóns e o corazón), a columna vertebral e o oso mais longo do corpo, o femur que está nas pernas.
Como vedes fixemonos moi amigos de PEPE que nos ensina moitas cousas.
Dentro duns dias daremos información sobre PEPITA