twitter
rss

Despois de largas coversas e traballos sobre o noso corpo decidimos empezar a investigar O NOSO CORPO POR DENTRO e para esto a profe traenos para a clase a un esqueleto que lle poñemos de nome PEPE e a unha musculitos, PEPITA, que se lle abre o tronco e vemos os órganos.

 

Entón a profe fainos a pregunta: QUE TEMOS DENTRO DO NOSO CORPO?  E empezan a sair respostas:
temos osos, temos carne, temos os pulmóns, temos o corazón, o estómago, os dentes, o cerebro, tamén sangue, .....
Que pena temos que ir para a casa, tocou o timbre a ver mañá que pasa.
Cando entramos xa vexo que alguns nenos xa trouxeron material, Nuria trainos un libro, Xabi Rodriguez e Sofia uns debuxos dun esqueleto e dos órganos internos, Lucas un debuxo dun esqueleto que lle debuxou o seu papá que é médico, Sofia Rodil un libro moi bonito. Con tanto entusiasmo olvidoúsenos que tiñamos que ir para a Biblioteca, veunos buscar Mari Paz e largamos inmediatamente pero mirade que libros estivemos ollando ali:















0 comentarios:

Publicar un comentario