twitter
rss

A volta das vacacións do Entroiodo estivemos propoñendo temas para estudiar este mes que entra, cada un propuxo un tema. Sobre todo sairon temas relacionados cos animais, pero como estos imos a estudialos mais tarde, decidimos que ibamos a investigar sobre O UNIVERSO.
 Na asamblea falamos sobre este tema para ver o que sabiamos e xa sairon moitas cousiñas:
LUCAS:  "En el espacio estan los planetas"
MARIÑA: "vivimos nun planeta chamdo TERRA"
XABIER R. " Tamén está o Sol"
ANTIA C." E as estrelas"
SOFIA M: " Hai estrelas e faise de noite"
ANTIA PAZ: "Tamen está o aire"
AINHARA: "Está a lúa chea"
SOFIA R.: Están as nubes
XABIER V. : Polo ceo van cohetes, e hai marcianos que viven no espacio exterior"
 LUCAS: " Tambien hai meteoritos y estrellas fugaces".
Polo que despois de todo o falado na asamblea decidimos mandar a notita as familias para que nos axuden na investigación.
E hoxe, xoves, xa chegaron a clase cousiñas do universo polo que xa temos que ir empezando a preparar o noso rincón do UNIVERSO. 
Mirade xa o que temos:
 AINHARA trouxo un libro moi chulo no que podemos xogar a un xogo coas cousas todas do universo:

XABIER R. trouxo unhas fotocopias con debuxos sobre o espacio.


NURIA tamen trouxo un libro moi interesante:
 XABIER V. unha mini enciclopedia sobre o universo que nos explica moi claramente todo o que esta descuberto no espacio



E SOFIA M. algo moi curioso, unha "roda das constelacións" e un libro de bolsillo que nos fala do espacio


 
 Xa vedes todo isto para ir empezando, pero ainda faltades moitos nenos/as asi que vadevos animando a traer algo para a nosa clase para poñer moi bonito o rincón deste proxecto







1 comentarios:

  1. http://spaceplace.nasa.gov/saturn-model/sp/
    Neste enlace atopei algunha cousa interesante, por exemplo como facer un "saturno". ¿Podemos probar a facelo na casa?
    Tamén atopei en youtube "discovery kids doky descubre los planetas, la luna, porque se hace de noche" Explicao moi ben para que o entendan os nenos. Espero que che sirva

Publicar un comentario