O hábito de ler empeza por imitación.Se unha familia na que o neno ou o neno ve que os pais levan un libro para ler o neno tamén o fará. Pero o que mais lles gusta os nenos e nenas e que lles leamos un conto ou unha historia onde se poidan transportar a un mundo imaxinario. Nos contos de fadas non existen regras, todo vale.... Deíxovos un video que atopei, que me parece moi doce e ademais amósanos como "nos gusta que nos lean"
Os papás e mamás deste cole saben a importancia que teñen os libros e por isto decidiron celebrar con nós o Dia do Libro. E, como? Pois si facendo unha representación teatral dunha historia fántastica. "O PRINCIPE ADORMECIDO", a historia dos contos clásicos o revés. Que xenial, encantounos. Moitas gracias por demostrarnos que sodes fantásticos, que nos queredes moito e que vós tamén disfrutades colaborando nas nosas actividades escolares.
24 de abril de 2012, 10:32
Unha iniciativa moi interesante. Noraboa a pais, nais, profes e nenos por compartir deste xeito tantas aprendizaxes. Ogallá ocorrese o mesmo en tódolos centros.
Parabéns a todos!!!