Linda á espreita (Edit. Xerais), narra a historia dunha vaca diferente ás demais. Cada mañá, mentres a muxían, a vaca Linda fitaba nerviosa e impaciente cara ao exterior da granxa porque había algo que a Linda lle gustaba máis ca nada no mundo. O seu maior pracer consistía en meterlle un susto ao carteiro e escorrentalo... O contacontos, cun libro grande, moooi grande, conseguiu crear un ambiente de expectación total no que non perdemos o máis mínimo detalle da historia de Linda, unha vaca entrañable, divertida e xoguetona.