AQUI TEDES A NOSA ACTUACIÓN NESTE FESTIVAL DAS LETRAS GALEGAS.
INTERPRETAMOS AS CANCIÓNS DE MAMÁ CABRA "A MIÑA TÍA" E "UNHA VELLA TIÑA UN CAN".
DESEXAMOS QUE O PASÁRADES BEN COA NOSA PRIMEIRA POSTA EN ESCEA ANTE TANTO PÚBLICO.
MOITAS GRAZAS A TODOS POR ACOMPAÑARNOS NUN DIA TAN IMPORTANTE PARA NÓS.
Este domingo 17 de maio é a festa das Letras Galegas. Nos celebrámola a diario.
Este ano adícase esta data a Xosé Filgueira Valverde, porque escribiu moitos libros sobre a historia, a lingua e os costumes de Galicia.
No cole faise unha gran festa para conmemorar esta data. É moi importante para nós.
Adicamos unha semana enteira a representar cancións e obras de teatro exclusivamente en galego, as que invitamos aos papás e mamás a que vexan a nosa representacion.
Por motivos de aforo temonos que dividir. ahi vos queda o calendario de actuacións para que saibades cando tedes que vir a vernos.
Os nenos e nenas de 3 anos somos os que inaguramos este ano o esceario das Letras Galegas 2015 coa dramatización de dúas cancións.
Vide a vernos o luns 18 de maio as 12:00h.
Esperámosvos
Ultimamente non paramos coas celebracións. Temos cumples dia si e dia tamén.
O dia 9 tocoulle a nosa compañeira CILIA, pero como cuadrou sábado trouxonos un bizcoito riquisimo para celebrar o seu aniversario o luns dia 11.
FELICIDADES CILIA!!!! BENVIDA O CLUBE DOS DE 4 ANOS.
Ainda que o aniversario de Rania foi no mes de abril,como non estivo con nós, trouxonos unha riquísima tarta para celebralo todos xuntos.
EMPEZAMOS O MES DE MAIO, O MES DAS FLORES.
E XA TEMOS O CUMPLE DE VALERIA. CATRO ANOS XA
MOITAS FELICIDADES VALERIA!!!
PARA TI TANTAS FLORES COMO ANOS CUMPLES.
AGORA TOCA FACERLLE O NOSO AGASALLO AS MAMÁS.
CON MOITO AMOR, ENTUSIASMO E ESFORZO FIXEMOS ESTES ÁBANOS, PARA CANDO SINTADES CALOR.
MOITOS BIQUIÑOS.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)