Non quero despedirme, e creo que non debo, sen facer unha última reflexión que agardo saibades comprender:
Unha reflexión que abarca a defensa da nosa escola, a escola de todos, a escola pública. Eu hoxe quero berrar ben alto e ben claro que sempre crin, creo e crerei na única educación libre e igualitaria que existe, que ofrece igualdade de oportunidades: A EDUCACIÓN PÚBLICA.
Agora máis que nunca é preciso unha verdadeira unión entre todos os que amamos e defendemos a escola pública, non deixando manipularnos polas palabras de menosprezo que van dirixidas aos profesionais que nela traballan. Na escola pública estiveron, están e estarán os mellores porfesionais da educación. Diso non cabe dúbida! Seguro que tiven erros, pero seguro que tiven acertos, e o máis seguro: todo o que fixen foi pondo o mellor de min cada día, cada momento, con cada neno...se non o fixen mellor sería porque non sei, non porque non puxera todo o que teño para facelo o mellor posible.
para os baixos, para os altos, para os flacos, para os menos flacos, para os listos, para os menos listos, para os rápidos, para os lentos, para os trastes, para os tranquilos, para os cariñosos, para os que non o son, para os guapos, para os menos guapos, para os loiros, para os morenos, para os pelirroxos, para os de pel branca, para os de pel negra, para os de pel amarela....
PARA TODOS E PARA TODAS!!
ESCOLA PÚBLICA!!
A ESCOLA DE TODOS E TODAS!!
Agora é labor de todos que siga sendo así!